Vida:
Nado en Bos Aires no ano 1910, fillo de emigrantes, veu de neno a Galicia. Fixo o bacharelato na Coruña e Dereito en Santiago de Compostela, onde participou na actividade política e cultural estudiantil. Sendo aínda estudante universitario demostrou a súa vocación artística ilustrando libros e publicando debuxos en revistas e xornais.De 1931 a 1936 exerceu de avogado laboralista na Coruña e foi membro do Partido Galeguista, así como da Masonería. Tras a sublevación do 18 de xullo de 1936 mantívose agochado durante uns meses ata que en 1937 puido exiliarse a Bos Aires. Alí fixou a súa residencia e traballou no consulado republicano.
Foi o promotor de moitas empresas culturais, da emigración e do interior (revistas como Galicia Libre, Galicia Emigrante , a imprenta Resol en Santiago de Compostela xunto a Arturo Cuadrado; editoriais como a Losada. Non deixou nunca de afrontar proxectos e participar activamente na recuperación da cultura galega.
Regresou a España en 1960.
Nas últimas décadas da súa vida, alternou a residencia en América con viaxes a Galicia. Morreu na Coruña en 1979.
Obra:
Na sua obra escribiu tanto poesía, como narración e teatro. Na poesía cabe destacar a obra Na Bretema de San-Iago que foi publicada no ano 1956. Nesta obra aparece o poema "Oración do artista que volta" no que conta como imaxina que retorna a Galicia para entrar na catedral e crocar a súa cabeza na testa de pedra do mestre Mateo.
O poema está formado por tres estrofas e ten como tema principal a emigración que el mismo sufriu en Arxentina durante moitos anos. Nas duas primeiras estrofas expresa o desexo por volver a Galicia.Na última dase o caso na realidade ainda que só é para morrer.
Tamén pubricou obras como Eiroa, O Irlandés ástrologo, Tres follas de ruda e un allo verde ...
A parte de escribir tamen realizou diferentes gravados e debuxos con textos literarios : O meco, O conde asesino de sobrado, Homenaxe a un paxaro...
mellor analizamos a entrada na aula
ResponderEliminarRevisa
ResponderEliminar-uso maiúsculas
-signos de puntuación
- espazos detras dos signos de puntuación
imprescindible: acentuación
a traballar!
parágrafos....
ResponderEliminar