
Eu estaba cuns amigos no ferroviario, estabamos a piques de irnos cando un maquinista informou de que había un problema coa locomotora... A saber que problema pode haber cunha locomotora, eu non o sei porque son máis ben burra, jejeje.
O caso é que ían tardar moito. Así que para pasalo tempo, fumos a un sitio de aluger de bicicletas e comezamos a dar unha volta, cando nos cruzamos cunhas monxas de pelerinaxe; nós paramos con elas a descansar, e a verdade é que para ser monxas tiñan conversas moi divertidas, faláronnos dunha viaxe que fixeron cando eran rapazas: catamaráns, atracadoiros... Pasamos un bo rato a falar con elas pero o problema é que nin conta nos déramos do tarde que era; a viaxe, o itinerario, nada puido facerse ó fin; pero o importante despois de todo foi que nos divertimos e que foi un día deferente para nós.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.