2011/11/02

Males de cabeza



Eu escollín este libro de Fran Alonso sobre todo polo seu título, parecíame un título que tapaba unha divertida historia. É a primeira vez que leo un libro en galego, e a verdade ao principio resúltome difícil por algunhas palabras que descoñecía, pero pouco a pouco o libro axudóume a estender o meu vocabulario e o mellor é que foi dunha forma divertida.


O libro narra unha serie de relatos breves, que entre o paso duns a outros conta un capítulo dunha historia que se vai desenvolvendo ao longo do libro titulada "A loucura é un sombreiro", estes capítulos están referidos por un narrador en primeira persoa, recluído nun psiquiátrico e que adoita identificarse cos gatos. O tema é a loucura. Alternando con estes fragmentos, sucédense 20 relatos máis longos, con argumentos, personaxes e situacións diferentes pero cun tema predominante, pois abordan manifestacións dalgún tipo de loucura.


 Nunca fun unha persoa de ler libros, xa que me parecían todos moi aburridos. Pero unha vez que encontras o tipo de relato que che gusta o tempo pásase incriblemente rápido. Para as persoas que non saben que tipo de historias lles poden gustar, este libro é perfecto, é sinxelo, breve, atrevido e sobre todo divertido!

 Se premes na imaxe da portada do libro poderás ver unha das miñas historias favoritas do conto... Seguro que ese relato che resulta familiar!

3 comentários:

  1. https://twitter.com/#!/malesdecabeza
    UN BO ENLACE PARA SABER ALGO MÁIS

    é contraditorio a ligazón ao texto en castelán.... a ver se atopamos algún fragmento en galego

    moi ben escrita a entrada

    ResponderEliminar
  2. https://sites.google.com/site/cabrafanada/recursosdidacticos?pageUrlChanged=recursosdidacticos

    apetéceche ler algo máis del? Busca, e se non o hai na biblioteca, podes solicitar a súa compra.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo15.11.11

    Entraronme ganas de lelo, moi ben redactado.

    Isa :)

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.