
O libro narra as aventuras dunha expedicion que viaxa ata América no s.XIX para ampliar o coñecemento sobre a flora e a fauna. Emilia Goianes, a protagonista, é unha rapaza que ten uns coñecementos extraordinarios sobre os insectos, pero non a deixan ir na expedición por ser muller. Pero coa axuda do seu irmán, que é membro da expedición, infíltrase no barco disfrazada de home. Ten que superar adversidades, temperaturas extremas, e moitas cousas máis. Se as queres saber, o libro está dispoñible na biblioteca do instituto.
A autora é
Marilar Aleixandre, e está basado en feitos reais. Gañou o premio Merlín 1994 e o premio da crítica en 1995.
A min persoalmente non me gustou moito, xa que fala moito de pezas de barcos, describe moitas plantas e algunhas palabras non as entendo. Pero se che gustan as plantas, os barcos e os bosques, vaiche gustar.
e que non me acaba de convencer...!
ResponderEliminar