2011/11/01

O Diario vermello de Flanagan


Despois de ler o Diario vermello de Carlota non me puiden conter a ler o Diario vermello de Flanagang! (Déixovos uns enlace a un blog de alumnos de 4 de ESO para que vexades ambas opinións, están en castelán pero espero que vos sirvan de algo) Os seus autores son : Jaume Ribeira e Andreu Martín


Ambos libros falan de sexo e aínda que son medianamente gordos son moi pero que moi entretidos. Case non vou falar do de Carlota pero pódovos mencionar que ten máis capítulos, a historia desenrólase máis lenta pero en ambos apréndese máis ou menos o mesmo! Bueno... o mesmo non, no de Carlota menciona os puntos de vista dende as mulleres e no de Flanagan todo o contrario! En ambos os rapaces protagonistas neste caso Carlota e Flanagan intentan informarse a fondo (nunca mellor dito) en temas como sexo, ETS, ou hasta dos métodos anticonceptivos!



Flanagan e Carlota son dous rapaces da nosa idade que se coñecen nun vagón de tren grazas a perdida dunha carteira. É a raíz disto cando ambos falan de facer un diario vermello no que deberán apuntar a información ou mesmo as súas experiencias sexuais. Día tras día vanse coñecendo e aumentando o número de páxinas dos seus diarios, Flanagan ten a sorte de coñecer a un doutor, o doutor Bardet que explícalle todo o que necesita saber ou mesmo quere saber. Este rapaz é bastante interesado por todo en xeral por iso é coñecido como un pequeno espía, é grazas a isto polo que descubre moitas cousas. Un día na clase os seus compañeiros atopan o seu diario e anímanse a axudarlle, días máis tarde é cando a mestra de Flanagan coméntalle que ela é amiga do doutor Bardet e que ocorréuselle a idea de que poderían facer un traballo sobre a violencia de xénero e demais, ( contaríalle como nota extra para a avaliación) Flangan non o pensa dúas veces e fai todo o que a mestra lle suxiriu. Carlota e Flanagan experimentan despois de ter a información suficiente aínda que... levan algún que outro susto. Tanto un coma o outro teñen amantes o que fai que non poidan levar a vida como lles gustaría... Contaríavos de moi boa gana como acaba pero penso que non estaría mal que o vexades vos mesmos! (Unha pista: Escoitariades moitas veces iso de amigos con dereito a roce ou só amigos? Pois aí volo deixo! )


Paréceme un tipo de libro moi orixinal pola forma na que está escrito xa que como o seu título indica...é un diario! Penso que este tipo de libros deberiádelo de ler todos porque no mundo que estamos a vivir hoxe día cada vez son máis os problemas que lle ocorren a xente da nosa idade ou incluso máis xoves e todo por falta de información. No comezo do libro está escrita unha páxina con bastante información . Entre todo o que pon podo salientar:

Cada 14 segundos, no mundo, un/ unha adolescente se infecta co virus da Sida

En España no ano 2002, 400.000 mozas estaban en situación de quedar embarazadas.

Non vos parecen absolutas barbaridades!!!???


Por se vos parece mellor, infórmovos de que existe a película aínda que para o meu punto de vista e mellor o libro xa que ambos diferéncianse bastante!Aquí o tráiler.

Sen dubidalo, RECOMÉNDOVOLO CLARISIMAMENTE!

7 comentários:

  1. a ver se o lemos xuntas e buscamos unha solución para que resulte máis atractivo.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo3.11.11

    Vale! Paréceme ben!

    Miriam

    ResponderEliminar
  3. Anónimo10.11.11

    Paréceme unha entrada demasiado longa, non deberías contar a historia, senón crear intriga para que a xente sinta curiosidade lea o libro, así ademáis aforrarías espazo e farías a entrada máis atrativa.

    Jessica 4ºA

    ResponderEliminar
  4. Anónimo10.11.11

    Pareceme unha idea moi orixinal o de contar O resume da historia en vermello. xD
    Por lo titulo e o demais noutro cor ;)
    Gustame a entrada, pero e moi longa.

    Héctor

    ResponderEliminar
  5. Anónimo12.11.11

    Eu tiña entendido que había que facer unha entrada sobre o libro, penso que non vale de nada chamar a atención da xente se non saben do que vai.

    Miriam

    ResponderEliminar
  6. Anónimo18.11.11

    Estou cos demáis, gustame moito como maquillas o texto pero é moi longo ceo!
    att: Marta.

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.