2012/01/17
De onde chega a miña roupa?
A maior parte da roupa que levamos posta ven dunha gran empresa que coñecemos como Inditex, si, comercios como Pull and Bear, Bershka, Stradivarius, Oysho, Massimo Dutti, Zara e Uterque teñen a mesma orixe. Pero non todo é tal e como o vemos ao entrar na tenda, detrás dela, tan arranchadiña e bonita como a vemos ao chegar alí, escóndense moitas horas de traballo, para ser exactos, 65 horas semanais por persoa.
Isto é o que ocorre en países como Marrocos, milleiros de persoas traballando ata 12 horas ao día e cobrando un salario de 178 euros ao mes. Increíble verdade? Pois esto non é todo, nestas fábricas traballan rapaces menores de idade nas mesmas condicións caos maiores e, normalmente, cun salario máis baixo. Cando os inspectores chegan a revisar o traballo realizado e se está todo en orde, estes cativos teñen que agocharse en bolsas ou caixas que encontren polo lugar.
Mentres tanto, en España cerca de 500 establecementos van abrir as súas portas este ano, listos para seguir disparándose en ventas máis que o pasado ano, cun 13%. Éste é o motivo que impulsa aos explotados a reivindicar un soldo digno, xa que ten que ser proporcional ás ganancias adquiridas. Aínda así, parece ser que este comercio desempregou a varios centeares de traballadores madrileños e coruñeses este ano.
Non só Inditex está a explotar xente, a maioría das marcas de roupa fano actualmente, traballadores de Mayoral, El Corte Inglés e Dolce Gabbana tamén confesan ter unhas condicións laborais semellantes.
Agora sí, volvamos ao caso do principio cando entrabamos na tenda, seguimos vendo todo cos mesmos ollos?
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.