2012/05/03

Unha costura no tempo

O autor deste libro é Xosé Antonio Neira Cruz, e nesta obra achéganos unha temática xuvenil da que xa está máis que afeito. "Unha costura no tempo" é unha das súas obras máis valoradas.


A novela conta a historia de duas rapazas, unha delas é Ranunca, que vive na antigüidade, poucos anos despois de Cristo. Desenvólvese nunha sociedade na que "quedan prohibidos" os homes, só toman contacto con eles para reproducirse. É Ranunca a que se revoluciona contra as súas superioras e loita polo seu namorado ata chegar á morte. Por outra parte está Marta, unha nena que vive na actualidade e que se ve presionada contra os homes dunha maneira distinta á outra protagonista. Son os rapaces os que non as valoran a elas, pero agora as mulleres que a rodean senten odio hacia o outro sexo, unicamente ela é a que se da conta do conflito e loita por desfacelo.
As duas personaxes do relato vense enlazadas na novela mediante distintos conectores que as levaran a comprenderse a unha á outra sen estar vivindo na mesma época.


Na miña opinión, creo que ademáis de ser doado de ler aportanos coñecementos acerca de épocas pasadas que nos poden ser útiles en calquera momento. Ademáis é moi entretida porque a sua estrutura non é lineal, é distinta e chama a atención e esa tamén é unha boa maneira de facernos chegar o mensaxe. Aconsélloo para todo aquel que queira ler unha novela diferente e saírse de todo o encontrado anteriormente.

1 comentário:

  1. argumenta a túa opinión, concreta, mellora, amplía...

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.