Seguro que escoitáchedes este nome máis dunha vez, sóavos verdade? Pois resulta que Ramón de Valenzuela é unha das principais figuras do exilio.
Nace en Silleda, estuda dúas carreiras, pero non pode adicarse ao ensino debido ao comezo da Guerra Civil. Ademáis, organiza unha escola na que se imparten as clases en galego.
Debido á súa participación no Seminario de Estudos Galegos e no Partido Galeguista, detérono, ao saír militarizouse no bando franquista, no 1937 pasou ao republicano. Mandárono a un campo de concentración a Francia e dende alí escribiu para solicitar axuda; pouco despois de ser libre, condénano a morte e conseguiu o indulto.
Despois de todo isto emigrou a Bos Aires e colaborou en revistas como "Galicia Emigrante" e por se fose pouco, impartiu clases de xeografía. Alí tamén participou en Institucións Galegas e escribiu os seus primeiros libros, dos que destacan "As bágoas do demo" e "Historia do galeguismo político" entre outros.
Regresa a España no ano 1966 e dedícase á docencia en Madrid no Círculo de Estudos Galegos. Finalmente falece en Sanxenxo no 1980.
A partir de agora cando volvamos a escoitar o seu nome, xa non só nos soará, porque este home merécese máis que iso.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.