2011/10/26

Corme

CORREIO DO POVO

Parece ser que o noso país, Brasil, non é o único con grandes festas, viaxei a un pobo da Provincia da Coruña este verán para facer unha reportaxe e poder amosarvos as festas que se traen por alí.


Corme é unha vila do concello de Ponteceso, situada a 63 km de aquí. Ten 1289 habitantes ,654 homes e 635 mulleres...
En realidade non quería falar de todo este rollo, senon de algo que nos interesa un pouco máis a todos e que neste pobo nunca falta: Festas.


A Festa do Percebe: este ano celebrouse o 9 de xullo, pero depende da marea pode cadrar un día ou outro. É a festa máis importante do pobo, a que máis turistas trae e unha das mellores para o meu gusto. A festa en sí é polo día. Por tradición, as pandillas de rapaces e rapazas fan unha camiseta en común e cando chegas ao día da festa ves a mogollón de xente con camisetas iguais. Á hora de comer, toda a xente se mete na carpa e comeza a comer percebes, unha vez rematada a comida, liscar axiña para a festa, non hai tempo que perder!

A Festa do Carme: son tres días, a víspera e dous días de festa (15, 16 e 17 de xullo). Nesta festa realízase unha procesión cos barcos e lanchas do pobo polo mar. 

A Festa do Mexillón: esta festa realízase a principios de agosto, dura só un día. Pero a cantidade de xente que vai e as ganas de festa compénsao.

A Festa de San Roque: esta festa realízase dende o último sábado de agosto (víspera) ata ese mismo martes ou mércores, depende do ano. Esta festa ten unha peculiaridade que a fai moi especial, o sábado pola noite, celébrase o carnaval, realízase un concurso e dáselle o premio mellor disfraz. Para min é unha das mellores tamén, porque é a máis longa de todas.

A Festa da Virxe do Faro: esta festa celébrase no faro que queda entre Brantuas e Corme, a festa faise polo día e consiste en ir andando ata dito faro cos amigos, que equivalerá a unha distancia de catro quilómetros aproximadamente. Unha vez alí, hai que mollar a cara na fonte do faro e ir a misa. Cómese e as orquestras comezan polo día, e ao chegar a noite, para volver, andando de novo.

A Festa de Remedios: esta festa cadra xa comezado o curso, arredor do 23 e 24 de setembro. Esta festa tamén é algo especial, xa que nela celébrase o fin de ano e hai un concurso no que se lle outorga o premio á parexa mellor vestida.


Non quedan máis festas, pero só vos podo decir que eu fun a todas e recoméndovos ir porque vale a pena.

4 comentários:

  1. mellorar enlaces:
    por que non algunha imaxe enlazada no nome das distintas festas, ou a noticia dalgunha festa nun xornal, investiga máis.

    Para integrar as distintas festas por parágrafos:
    mes de xullo, agosto...
    reducimos texto integrando información
    que tal ... se escribes desde a perspectiva dunha turista que viviu en Corme os dous meses e asistiu ás festas.
    a turista escríbelle un artigo para un xornal de ...... elixe ti o país.

    ResponderEliminar
  2. http://primeiroeso.blogspot.com/search/label/Rosal%C3%ADa
    con corme remataba o teu blogue de 1º

    ResponderEliminar
  3. Anónimo27.10.11

    Son Héctor:
    É un bo lugar tal e como dis. A xente esta moi unida :)
    Gustaríame ir a festa dos percebes, encantanme e :P
    seguriño que mo pasaría moi ven.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo27.10.11

    Teño poucos enlaces, que a maioría das páxinas que encontro están en castelán.

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.