CORREIO DO POVO
Corme é unha vila do concello de Ponteceso, situada a 63 km de aquí. Ten 1289 habitantes ,654 homes e 635 mulleres...
En realidade non quería falar de todo este rollo, senon de algo que nos interesa un pouco máis a todos e que neste pobo nunca falta: Festas.
A Festa do Percebe: este ano celebrouse o 9 de xullo, pero depende da marea pode cadrar un día ou outro. É a festa máis importante do pobo, a que máis turistas trae e unha das mellores para o meu gusto. A festa en sí é polo día. Por tradición, as pandillas de rapaces e rapazas fan unha camiseta en común e cando chegas ao día da festa ves a mogollón de xente con camisetas iguais. Á hora de comer, toda a xente se mete na carpa e comeza a comer percebes, unha vez rematada a comida, liscar axiña para a festa, non hai tempo que perder!
A Festa do Carme: son tres días, a víspera e dous días de festa (15, 16 e 17 de xullo). Nesta festa realízase unha procesión cos barcos e lanchas do pobo polo mar.
A Festa do Mexillón: esta festa realízase a principios de agosto, dura só un día. Pero a cantidade de xente que vai e as ganas de festa compénsao.
A Festa de San Roque: esta festa realízase dende o último sábado de agosto (víspera) ata ese mismo martes ou mércores, depende do ano. Esta festa ten unha peculiaridade que a fai moi especial, o sábado pola noite, celébrase o carnaval, realízase un concurso e dáselle o premio mellor disfraz. Para min é unha das mellores tamén, porque é a máis longa de todas.
A Festa da Virxe do Faro: esta festa celébrase no faro que queda entre Brantuas e Corme, a festa faise polo día e consiste en ir andando ata dito faro cos amigos, que equivalerá a unha distancia de catro quilómetros aproximadamente. Unha vez alí, hai que mollar a cara na fonte do faro e ir a misa. Cómese e as orquestras comezan polo día, e ao chegar a noite, para volver, andando de novo.
A Festa de Remedios: esta festa cadra xa comezado o curso, arredor do 23 e 24 de setembro. Esta festa tamén é algo especial, xa que nela celébrase o fin de ano e hai un concurso no que se lle outorga o premio á parexa mellor vestida.
Non quedan máis festas, pero só vos podo decir que eu fun a todas e recoméndovos ir porque vale a pena.

mellorar enlaces:
ResponderEliminarpor que non algunha imaxe enlazada no nome das distintas festas, ou a noticia dalgunha festa nun xornal, investiga máis.
Para integrar as distintas festas por parágrafos:
mes de xullo, agosto...
reducimos texto integrando información
que tal ... se escribes desde a perspectiva dunha turista que viviu en Corme os dous meses e asistiu ás festas.
a turista escríbelle un artigo para un xornal de ...... elixe ti o país.
http://primeiroeso.blogspot.com/search/label/Rosal%C3%ADa
ResponderEliminarcon corme remataba o teu blogue de 1º
Son Héctor:
ResponderEliminarÉ un bo lugar tal e como dis. A xente esta moi unida :)
Gustaríame ir a festa dos percebes, encantanme e :P
seguriño que mo pasaría moi ven.
Teño poucos enlaces, que a maioría das páxinas que encontro están en castelán.
ResponderEliminar