Mostrar mensagens com a etiqueta MeE. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta MeE. Mostrar todas as mensagens

2015/08/10

Obradoiros de videoarte..

    

Un obradoiro... creación contemporánea como a acción , a performance, a poesía e o vídeo...   cadáveres exquisitos…texto en grupo en clave actual. 

Despois do traballo como guionistas os rapaces converteranse en actores e actrices para interpretaren ese texto a través da imaxe empregando recursos variados, a través de elementos moi básicos na caracterización.

Este proceso será gravado, producido e finalmente proxectado na sala de exposicións de NORMAL como un elemento máis da mostra que poderá ser contemplado por calquera visitante e por suposto polos seus protagonistas.


2012/03/14

2012/02/02

Marcela e Elisa

Antes as dificultades que no ano 1901 habia para que dous persoas dun mesmo sexo casaran, duas mulleres, Marcela e Elisa, decidiron loitar polo seu amor. Como non podian casar decidiron que unha se disfrazara de home e, asi poder casarse. Pero descubrironas. Isto causou un gran revuelo e custoulles que as perseguiran e as encarcelaran..
Esta historia é unha mostra enorme de valor e loita polo que un quere. Non lles importaban a opinion dos demais. Esta historia serve de exemplo para ver o antiga que é a xente cando non acepta na actualidade as relacions homosexuais.
A excursión, dende o meu punto de vista, non me gustou moito xa que foi algo aburrida e tampouco nos deu tempo a velo todo o habia na exposicion.

Se queres saber algo máis desta historia fai click neste enlace do periodico A Voz de Galicia que ainda que está en castelán conta a historia con moito detalle.

2012/02/01

Amor prohibido entre Marcela & Elisa

A Visita foi moi interesante e ensinoume que na antiga época a relación entre 2 mulleres non era de bo ver, e a "fuga" destas mulleres provocou un gran escándalo que apareceu en moitos xornais. A pesar de que na actualidade as relacións entre o mesmo sexo son do máis común. Estas mulleres recorren o mundo adiante elas sóas polo seu amor, pero o seu recorrido e coma aramio de espiño, no que teñen moitos problemas para poder estar xuntas. Esta reportaxe vos contara bastante ben a súa historia.
Reportaxe sobre o casamento de Marcela e Elisa.

2012/01/29

Unha historia de amor diferente.

Marcela e Elisa é o nome dunha parella homosexual do ano 1901, as cales loitaron con valor polo seu amor e o seu recoñecento como parella.  Este é o caso dunha parrella pero miles delas hoxe en día tamen sofren en silencio debido a forma en que son aceptados na sociedade. En moitos paises aínda hoxe en día a homosexualidade é considerada pena de morte e cadea perpetua, esaxerado verdade?

Dicir que a época que viviron Marcela e Elisa foi moi diferente a de agora. Elas foron detidas, perseguidas e postas en mal lugar na prensa. Nos tempos de agora non se chega a estos estremos pero aínda quedanos un logo camiño para que non haxa descriminacion polas preferencias sexuais das persoas. 

Que un sea homosexual non quere dicir que lle gusten todos os seus amigos ou amigas, se non que ten preferencias polos do mesmo sexo. Non debe haber etiquetas nin burlas, todos somos persoas e todos sentimos. Marcela e Elisa loitaron polo seu amor e ante iso merecen o noso respeto como todos.

Non a homofobía, si ó respeto.

Pode alguén resumir a súa historia?
-Hai enlaces interesantes nas entradiñas -
Conviña revisar os títulos e procurar ser orixinal.
que o título recolla a idea global que provocou 
a visita.

2012/01/28

Marcela e Elisa





Na miña opinión a historia destas mulleres é un caso de superación.

Superación ás linguas mal faladas da xente, ao desprezo, ao medo e ao temor de non ser aceptado, de sentirte inferior e querer por todos os medios que a ti non che pase iso, "non, eu non podo ser homosexual; qué dis?" responderías se cho preguntaran; por todo isto é que me encheu de orgullo e rabia a historia de Marcela e Elisa; orgullo de saber que loitaron a sol e sombra para poder estar xuntas, por que non todos somos tan valentes e menos naquela época, e rabia de saber que a nosa sociedade e as da maioría do mundo seguen sen aceptar o amor entre persoas do mesmo sexo, xa sexa castigandoas físicamente ou desprezándoas. 
Con todo, cada vez imos progresando máis, ainda que ese progreso sexa lento pero ¡imos amodo, porque imos lonxe!

Marcela e Elisa

O xoves, levaronos de visita sorpresa a unha exposición que hai na Coruña sobre Marcela e Elisa, duas mulleres que conseguiron casar no 1901, reivindicando así a amor entre persoas do mesmo sexo. Impactoume moito, saber como trataban as persoas homosexuais en aquela época, os titulares de cando as descubriron pereceronme do mais discrimenatorio, algúns eran: España, país de locos; Un matrimonio sen home; ...
Gustoume moito a historia de como lograron casarse: o cambio de aspecto de Elisa, a falsa ruptura... . A única pega de visita e que non nos deu tempo a rematar de ver toda a exposición. Marcela e Elisa son sen dubida a viva imaxe da libre expresion de sentimentos e valentía.






2012/01/27

Marcela e Elisa

¿Parece mentira verdade? Parece mentira que dúas mulleres a principios do século XX mostren a súa amor e, en pleno século XXI aínda existan moitas rapazas e rapaces escondendo a súa homosexualidade. Sen duda é un gran problema que aínda se encontra entre nós. Marcela e Elisa son un claro exemplo de superación, deberíamos todos aprender delas e esforzarnos polo que queremos ata conseguilo.

2012/01/26

Marcela  e Elisa

Hoxe fixemos unha visita a escola de ensino NORMAL, na que nos contaron ha historia de dúas mestras que se fixeron lesbianas e decidiron casar; non rematamos a visita pero chegoume perfectamente a información coma para facer este comentario.
Eu penso que se dúas mulleres no ano 1901 foron capaces de reivindicar o seu amor sen ser heterosexual merecen un digno recoñecemento, xa que creo que todos nós nunca oímos a historia de estas dúas mulleres; penso que son un exemplo a seguir; non por ser lesbianas se non porque defenderon o que crian e nuns tempos no que o pensamento era moi pechado e non se coñecían máis culturas que a de ser heterosexual.
Defendo ante todo que se se cree en algo debes dar a cara e loitar por él .
Moitas grazas as mestras que fixeron posible esta visita porque grazas a elas aprendín que sexa nos tempos que sexan debes reivindicarte polo que pensas.

2012/01/25

Marcela e Elisa


    Pareceume unha exposición bastante interesante, xa que a importancia que lle deron os medios daquela época foi extraordinaria, e máis o que tiveron que facer para que non as recoñecesen: disfrazarse, mudarse:pareceume un acto de moita valentía. Creo que foi unha desas historias que axudan a xente a reflexionar sobre os erros que se cometeron antes e os que debemos solucionar, xa que todos somos iguais e que  non se  pode tratar peor a xente por ter gustos sexuais diferentes a maioría. 
Aquí  vos deixo a súa boda.

2012/01/22

Unha simple historia de amor?

A finais do século XIX coñecense Elisa e Marcela. Na escola Normal, da Coruña, onde este ano fíxose unha exposición no seu honor. 
 Elisa rematara xa maxisterio 
e Marcela aínda estaba estudando. 
Fixeronse moi boas amigas, pero a cousa non quedou ahí..
De supeto, 
ocorreu 
o impensable...
Namoráronse.


En pleno século XXI falar dun amor homosexual xa non asombra a ninguén, ou si?
Seguro que se te pos a pensar nuns segundos tes a cara dunha lesbiana ou dun gay na cabeza. Pero naquel tempo o único amor ''legal'' e ''permitido'' era o que puidera haber entre un home e unha muller. Sen ningún tipo de réplica.

Os pais de Marcela fixeron o posible por separalas, chegaron a mandar a súa filla a Madrid por algún tempo, pero non lles serviu de nada.
En 1888 comenzaron a traballar coma mestras, procurando que os seus destinos estiveran o máis preto posible. Pero cando non era así, Elisa tivo andado dez kilometros polas noites só pra durmir ao lado dela.

Non se sabe de quen, pero Marcela quedou embarazada e co proposito de protexela Elisa pidelle matrimonio. O seu plan foi finxir unha ruptura diante da xente e facer coma se Elisa se forá pra sempre a Habana. E vaise, pero pra convertirse en Mario. Corta o pelo, comeza a fumar, viste roupas de home e deixase quixote. A boda celébrase o 8 de xuño de 1901.

Non se saben as razóns pero volven a Dumbría, cidade onde as recoñecen e Mario vese obrigado a fuxir a Coruña. Pero encóntranas e son levadas a declarar. Marcela alega que Elisa é moito máis home que os que naceran baixo ese sexo. Tamen afirman que é hermafrodita e que no seu corpo predomina o elemento masculino sobre o feminino. 

Acurraladas polas autoridades, saíndo en todos os periódicos, teñen que abandoar Galicia e diríxense ao Porto, Portugal. O matrimonio vive tranquilo algún tempo, pero o 16 de agosto volven arrestalas, a xustiza coruñesa pide que sexan buscadas e capturadas por matrimonio ilegal. Pero as autoridades portuguesas negáronse a entregalas sen unha petición formal de extradición. Sendo encarceadas e xulgadas por Portugal quedan absoltas.Alí axudaronas todo o que poideron, os periódicos pedían un indulto, cartos, compañía no cárcere ... Pero todo iso tivo data de caducidade, pois a solicitude de extradición foi aceptada.

Esta vez foron a Bos Aires. Marcela ía acompañada da súa filla, nacida no Porto o 6 de xaneiro de 1902.
A partir de aquí toda a historia é moi confusa, non se sabe moito de Marcela e a nena. Sabese que a parella non podía vivir na mesma casa por culpa do traballo e por iso Elisa tentou casar cun dinamarqués. Ao enterarse este de que casara cunha das mulleres do ''matrimonio sen home'' denunciouna alegando que, entre outras cousas, non quería consumar o matrimonio.O xuíz despois de corroborar que se trata dunha muller decide sobreseguir o caso. 


Cando o poder deixa de perseguilas, perdeselles a pista. Só se sabe que Elisa se suicidou en Veracruz, México, en 1909.
A de Marcela e Elisa é unha verdadeira historia de amor. O único que ten de diferente e que por non ser como os demáis a esperaban, por non querer ser o que os demáis estableceran, foron perseguidas e procuradas por medio mundo.