
Superación ás linguas mal faladas da xente, ao desprezo, ao medo e ao temor de non ser aceptado, de sentirte inferior e querer por todos os medios que a ti non che pase iso, "non, eu non podo ser homosexual; qué dis?" responderías se cho preguntaran; por todo isto é que me encheu de orgullo e rabia a historia de Marcela e Elisa; orgullo de saber que loitaron a sol e sombra para poder estar xuntas, por que non todos somos tan valentes e menos naquela época, e rabia de saber que a nosa sociedade e as da maioría do mundo seguen sen aceptar o amor entre persoas do mesmo sexo, xa sexa castigandoas físicamente ou desprezándoas.
Con todo, cada vez imos progresando máis, ainda que ese progreso sexa lento pero ¡imos amodo, porque imos lonxe!
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.