O autor deste libro é Domingo Villar, para o meu gusto, un dos mellores escritores galegos da actualidade, con obras coma ésta, tamén "A praia dos afogados" ou "Libros comestibles". Con Ollos de Auga logra un gran éxito, tanto nacional como internacional.
A historia deste libro xira arredor dun crime que o inspector Leo Caldas e o axente Rafael Estévez resolven logo de entrevistar e investigar todos os feitos que rodean a tráxica morte do saxofonista Lois Reigosa. Todo o caso se vai resolvendo con normalidade ata que Leo se decata de que todo é demasiado fácil e posto en bandexa, de xeito que a historia xira completamente a poucas páxinas de chegar ao final. Todo é moi inesperado, o que lle da un toque máis intrigante, que é unha das cousas máis importantes para que un libro sea entretido.
Encantoume , recoméndollo a calquera que lle gusten este tipo de historias porque paga a pena gastar unhas horiñas en libros deste tipo. Unha das cousas que tamén máis me chamaron foi o lugar onde se desarroiaba, xa que ao estar ambientado en sitios nos que eu estivera anteriormente, sinto que estou dentro da propia historia, como ben dixo Héctor na entrada que tamén fixo deste libro.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.