NON ES GALEGO...
se non defendes a túa língua, se non respondes a unha pregunta con: ''e logo?'', se cando non chove queres que chova e cando chove cajaste en Dios, se non sabes que é que agua do mar che corte a respiración en pleno agosto, se a tua avoa non che di que ten presa porque ''as catro temos un cabodano'', se non sabes como prepara Miro Pereira os cafés ou os bocadillos de xamón, se nunca ...che dixeron ''vas caer'' ,se na casa de tua avoa non hai unha cociña de leña ou lareira, se nunca dixeches B.C.B (Bueno carallo bueno), ''cada can que lamba o seu carallo'' ''mecajondiós'' ou ''Malo será!!'' ,se non recitaches o conxuro da queimada e logo tomáchela, se ao xogar ao fútbol cos amigos non gritabas: ''Non vale furar!!!'', se nunca che preguntaron: e ti de quen ves sendo? na túa aldea, se prefires unha Mahou a unha Estrella, se non coñeces a ninguén que pensou que Zara Home era unha tenda de roupa, se non se che vai o corpo cando a Panorama toca abusadora, se nunca chegache a casa abaneando da sesión vermú, se nunca remataches unha festa bailando diante dun palco a muñeira de chantada, se nunca cantaches: TRAIO UNHA BORRRRACHEIRAA... DE VIÑO QUE AUGA NON BEBO MIRA, MIRA MARUXIÑA MIRA HEY! MIRA COMO VEÑO... e se nunca cantaches a RIANXEIRA!!!
...EU SON GALEGO ♥
De quen é? Miriam xa puxera anteriormente o video, pero gustoume o teu texto. Os anuncios de Gadis son os mellores, sería xenial participar nun.
ResponderEliminarIsa :)
Isa de Pablo! jajajaja
ResponderEliminarMiriam
Pablo?Pablo Calo? :0
ResponderEliminarIsa :)
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarCando dixen que eu ia volver moito por elviña non era mentira jaja Aínda que como ya sabedes os mais achegados a min, tou moi contento no Calvo Sotelo facendo o FP , onde tamen me axudan moito pero nada en comparable o IES Elviña. Sempre penso que me encantaria seguir estudando aí, morriña :( jaja
ResponderEliminarUn saudo para todos y coidademe a Miriam ee :D
Pablo!
Pablo
Como non vas ter morriña se eres galego! jeje
ResponderEliminarPos encantame a idea de que participes no blog :)
Eu a coido :D
Isa
Ai madriña... o problema é que non fas as cousas a tempo... dende logo!
ResponderEliminarUn bico.
Miriam
Emocionante entrada Pablo, síntome identificada con moitos dos datos que citas.
ResponderEliminarEncantada de que esteas por aquí, un biquiño!
Rosalía:)
:D Jajajaja Grazas Rosalía xa sabedes disfrutade moito que o bo logo se acaba. Pero bueno podedesme contar os chismes da clase ee jajaja
ResponderEliminarun bicoooo ! :D