2012/02/06

Luz Pozo Garza

Naceu en Ribadeo. En 1936 trasladouse a Lugo, sendo seu pai perseguido polo fascismo. Despois vivíu durante bastantes anos en Viveiro. Fixo estudos de música, de maxisterio e Filoloxía Románica. Actualmente reside en Vigo. Colaborou nun gran número de publicacións literarias, e dirixiu co seu esposo Eduardo Moreiras a revista poesía crítica Nordés.
Luz Pozo iniciou a súa obra en castelán, pero foi tomando opción clara a favor do galego. Na nosa lingua publicara xa en 1952 O paxaro na boca, en 1976 saíu Vervas derradeiras, en 1981 escribiu o Concerto de outono no 1986 Códice calixtino.
Este e un poema de Luz Pozo Garza espero que vós guste.


                                                               O Gaiteiro
Os anxas de Galicia

tocaban armónicas negras.

Este home trae herba nos pés
e un regato de violís nas maus.
Polas súas coxas
ruben hedras de música.

Non petedes nas portas de noíte
nin botedes a rolo as pombiñas,
que este home
trae tódolos paxaros na súa gaíta.

Xa non se deitan nenos polos prados.
O gaiteiro fai fitas de millo .
e na súa boca hai vento de oriolos.

A mesma chuvia, vertical citola,
non baixa desde Deus, rube da gaita.

1 comentário:

  1. Anónimo10.4.12

    Esta entrada non é nada productiva, defeito atopeina bastante aburrida. Xa que lle falta moita información, organizacheste mal e isto é o resultado.
    Ten algunhas partes aceptables pero se fora ti mellorariao.

    Anonimo.xD

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.