2012/06/02

Chernóbil

Eu xa oíra falar do caso desta central nuclear, pero só de refilón, e é que non hai nada mellor que a curiosidade para a aprendizaxe, e a miña curiosidade foi a que me levou a investigar un pouco máis deste acidente; o que descubrin deixoume pampa.
Aconteceu que o 26 de abril de 1986, estaban facendo probas nas que se simulaba un corte eléctrico, cando un dos reactores se sobrequeceu e fixo explotar o hidróxeno acumulado no seu interior. O material radiactivo liberado foi 500 maior ao que liberou a bomba atómica que EE.UU. tirou sobre Hiroshima en 1945, ademáis de ser o único acidente que acadou a categoría máis alta (nivel 7) na escala INES.
Pero o que máis me sorprendeu non foi o feito en sí, senón as consecuencias:

  • Causou a morte direta de 31 persoas.
  • Obrigou á evacuación de 135.000 persoas.
  • A radiactividade chegou a polo menos 13 países da Unión Europea.
  • 5.000.000 de persoas viviron en áreas contaminadas e 400.000 en áreas gravemente contaminadas.
  • O cáncer de tiroides expandíuse por varios países.
A pesar de todo isto, a central non se pechou definitivamente ata o ano 2000, aínda que xa se construíra un sarcófago para aislar o exterior do interior.
É importante ter en conta que os acidentes nucleares seguen existindo. No 2008 en España detectáronse 66 incidentes, algúns graves. As centrais estadounidenses continúan matando a millóns de peixes ao ano. O peligro nuclear segue vixente en todo o mundo como se encergou de demostrar Greenpeace en Arxentina.
Polo tanto, esta contaminación é una grave perigo para toda a humanidade e deberían ser un incentivo para fomentar as enerxías renobables e seguras.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.