2012/04/15

Titanic

Cúmprense 100 anos dende aquel 15 de Abril de 1912 cando "o insumerxible" afundiu no océano Atlántico, cerca da illa Terranova, pertencente a Canadá.


Empezábanse a construír os primeiros transatlánticos, entre eles o Titanic, que partiu o 10 de Abril de 1912 na súa viaxe inaugural; todo ía ben ata que a madrugada do 15 de Abril se alertou da existencia de icebergs na ruta do barco, mais fixeron caso omiso e para gañar distancia aumentaron a velocidade a 22 nudos, unha cifra significativa para un barco daquel calibre; foi entón cando intentando evitar un iceberg, rozaron con el e por mor do material co que estaba construído o barco, que actualmente calificamos como de mala calidade pero na época era dos mellores, producironse unha serie de pequenas e discontinuas brechas ao largo dos seis primeiros compartimentos que afundiron o Titanic en pouco máis de 2 horas. Está comprobado que se non se cerraran os compartimentos a auga repartiriase por todo o barco tardando 4 ou 5 horas máis en afundir e deixando tempo ao Carpathia a chegar antes do afundimento; tamén se pensa que se o barco chocara frontalmente quizais se inundasen dous ou tres compartimentos pero non se afundiría.

No desastre sobreviviron máis de 700 persoas pero morreron máis de 1500 afogadas e de hipotermia pola falta de suficientes botes salvavidas.

Actualmente  algúns dos restos poxanse por unha considerable suma de diñeiro. Tamén recordamos ás víctimas con numerosas homenaxes e mesmo coa famosa película de James Cameron, que coa celebración deste centenario a transformaron nunha increíble sensación en 3D.
Xamais se olvidará este suceso que conmocionou o mundo enteiro.



2 comentários:

  1. Anónimo19.4.12

    non sabia que en realidade sobreviviran tantas persoas na pelicula como soamente céntrase sobre a muller protagonista eu din por sopostp de que nada máis que sobrevivira ela.
    É unha pelicula incrible,e persoa que non a vira recomendóa ver.

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.