Pois estes nenos lembrarano ata que morran.
Existe unha asociación que se encarga de traer a nenos dos nomades saharauis a España, para que vexan o mar, os animais, as nosas culturas ... e, sobre todo, que lle den moito cariño.
Eles só están aquí durante dous meses: dende Xullo ata Agosto; e hai familias como a miña que se apunta nunha lista para poder traer eses nenos ás súas casas para coidalos e ensinarlles moitas cousas.
Eles non falan o noso idioma e veñen soiños a unha casa descoñecida, deixan alí as súas familias pero volven aquí todos os veráns.
É unha boa experiencia pero hai lista de espera....
Eu impaciente, agardo que me collan para coidalos, é dicir que se me vedes paseando con dous neniños saharauis xa sabedes de onde sairon . Este será o primeiro ano que o fago pero non o último. Aconséllovos que vos apuntedes porque seguro que nas vosas casas tirades moita comida e... porque en vez de que se estropee non a compartides con eles e de paso lles dades cariño? pensádeo ... merece a pena ter unha alegria extranxeira na casa.
A miña nai foi a que se apuntou , eu deixovos un enlace que creo que é desta asociación, xa lle preguntarei se é o correcto .
De verdade que me gustaría moito que volo pensedes.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.