O grupo surcoreano Bigbang que está arrasando o mundo co seu novo albúm ALIVE.
Debutou no ano 2006 e seguiu ata o dia de hoxe con innumerables èxitos. O grupo está integrado por cinco homes: O seu líder, chamado G-Dragón, é actor ocasional e ten tanto colaboracións con outros cantantes en solitario coma un albúm propio. O cantante Flo-Rida fixo un remix da súa canción máis famosa "HEARTBREAKER". O vocalista e bailarín principal, Taeyang (sol en koreano) é o único do grupo que sacou un albúm en inglés. O rapeiro principal T.O.P, que comezou a súa carreira como actor, ao entrar na axencia tivo o problema de que non o querían polo seu peso, e encerrouse durante seis meses na súa casa ata baixar 20 kilos e que o admitiran. O segundo vocalista principal Daesung, foi o único que non foi famoso ata que entrou no grupo. O seu albúm en solitario está centrado no rock alternativo mesturado con música electrónica. O coreógrafo é Maknae (título dado ao máis xoven do grupo) SeungRi. Xa aos 15 anos era bailarín no grupo IlHwa e entrou no seu actual grupo con 16 anos. Como grupo foron notados, non só pola súa música, se non tamén polo seu
estilo ao vestir, pasando por enriba de artistas como Lady Gaga, Justin
Bieber e Selena Gomez entre outros. Bigbang pasou a ser o grupo máis
famoso en Asia, a ser coñecido en todo o mundo, a pesar de que solo fan
cancións en Koreano e Xaponés.
Estaría ben algún enlace máis.... para dar a coñecer as capacidades de cada integrante do grupo.
ResponderEliminar