Foi a primeira vez que viaxaba en avion estaba moi contenta e nerviosa. Día tras día desexaba que fose a data para poder vivir esa nova experiencia!
Era o día..! Dixen cando espertei! Levanteime correndo collín o meu macuto e marchamos cara o aeroporto!
Ao chegar empezoume a doer a barriga e non paraba de dicir:
-Quero volver para casa! Síntome mal!
Os meus pais ríanxe de mín. Estabamos facendo tempo e viamos un partido de squas para amenizar o momento.

<<A saída do voo destino Alicante efectuarase nos pr
Logo noutro idioma e outro e outro... De súpeto un montón de xente xuntouse coma se estivesen facendo peregrinaxe...eu xa non sabia se me encontraba no aeroporto ou nunha sala de convencións debido a que algúns falaban, outros atendian; estabamos nerviosos e felices!
Pasamos as nosas equipaxes por unhas cintas transportadoras, recollémolas e logo as levamos conosco polos túneles telescópicos que daban á pista onde estaba preparado o noso avión para despegar!
A viaxe foi moi tranquila, disfrutei moito da paisaxe, a cor da terra pasou de ser verde a amarela-alaranxada.
Non pagamos ningún aluguer nin hotel xa que os meus tíos viven alí!
Ao volver de novo A Coruña coincidiume falar no aeroporto cunha rapaza de Corme, vila do meu pai, si que é ben certo.. que pequeno é o mundo, aínda que non o pareza!
Penso que foron as mellores vacacións da miña vida. Espero repetir!
Corrixe - aprendendo- os erros lingüísticos.
ResponderEliminarDe camiño, agora que xa tes a man máis solta: estrutura un pouco os parágrafos, e dálle un toque máis áxil - e integrado- .
Teño un gran problema... non entendo as correcións :S
ResponderEliminarMiriam