Marco Simoncelli
Naceu en Cattolica, Italia, o 20 de xaneiro de 1987, e desgraciadamente morreu onte despois dun brutal accidente no circuito de Sepang, en Malasia. Pilotaba unha Honda no equipo San Carlo Honda Gresini Team. Era unha das grandes promesas do motociclismo. Entre o 2002 e o 2005, competiu na categoria de 125 cc, na que gañou 2 carreiras e fixo 7 podios. A súa mellor tempada foi no 2005, onde acabou 5º. Todos os anos pilotou unha ApriliaEntre o 2005 e o 2009 competiu na categoría de 250 cc, na que gañou 12 carreiras e subiu ao podio 22. No ano 2008 proclamouse campeón do mundo. Pilotou unha Gilera. No ano 2010, o equipo Gresini o fichou para que pilotara unha Honda en motogp. Non gañou ningunha carreira, pero consheguiu 2 podios. Era un piloto agresivo na pista, o que lle cusaba conflictos cos demais pilotos. Pero fóra da pista era unha persoa moi simpática e sempre sorría. Onte no fútbol italiano fíxose un minuto de silencio en tódolos partidos. E eu desde aquí quixen facerlle esta homenaxe. Ciao Marco.
Dáme moita pena o que lle pasou a este rapaz, so tiña 24 anos, que desgraza...
ResponderEliminarÉ un bonito homenaxe que lle fixeches ivan, moi ben.
Mónica
Grande ivan este si que é mellor que torres non se merecia morrer de esa forma.
ResponderEliminarDamian e Nico
Esta todo moi xunto e non se pode ler.
ResponderEliminarMiguel