2011/11/28

Big Bang Theory

Big Bang é unha serie que botan en Neox (emitida en América na CBS). Estreouse o 24 de setembro de 2007, e xa leva 3 temporadas batindo récords de audiencia. Vouvos contar algo sobre os personaxes:
Sheldon Cooper: É físico teórico. De pequeno foi superdotado e ten un gran trauma causado polas discusións dos seus pais. É incapaz de mentir e gardar segredos, polo que procura non enterarse de moitas cousas. É moi hixiénico, tanto que se desinfecta as mans cada vez que alguén lle toca. Non sinte empatía por ninguén e tampouco é capaz de detectar o sarcasmo. Sempre ten que levar a razón e é moi gracioso.
Leonard Hofstadter: É o compañeiro de piso de Sheldon. Firmou un contrato con el no que aparecen as claúsulas máis raras que se poden imaxinar. Non ten moito éxito coas mulleres e padece de miopía e intolerancia á lactosa.
Howard Wolowitz: Vive coa súa nai e é xudeu. É alérxico aos cacahuetes e un pouco pervertido. É moi amiigo de Raj e só ten un doctorado, o que provoca as burlas de Sheldon.
Rajesh Koothrappali: É hindú. É incapaz de falar cunha muller sen beber alcohol. É o mellor amigo de Howard.
Penny: Vive en frente de Sheldon e Leonard. É a camarera do bar ao que sempre van os catro anteriores. Tivo unha relación con Leonard.

Opinión persoal: É unha das miñas series preferidas. Gústame principalmente porque fai humor actual e con temas relacionados coa fisica. Recoméndoa a todo o mundo. É moi boa.

 

1 comentário:

  1. Anónimo20.6.12

    pareceme moi facil buscar un enlace na wikipedia, pouco work.miguel

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.