2011/11/16

Senteime a fumar no balcón, mentres pensaba en tí, corazón~

Tel-os os ollos distantes ...
Foi a derradeira rafega de vento quen nos desfollou de todal-as lembranzas?

N-ese teu corazón innumerábel
tamén enchen e debelán
as mareas d'o meu corazón.

Ela noitámbula desfollará
como unha margarida prostibularia
a Rosa d'os ventos d'o noso corazón.

Tel-os os ollos distantes ...
Foi a derradeira rafega de vento quen nos desfollou de todal-as lembranzas?

Fomo-nos transbordando
ao cabotaxe d'as constelacións.
Repetiremol-os cansos corazóns
cronometrando monotonías .

2 comentários:

  1. ponlle un título: busca outro verso
    que tal estás? Se queres mándoche un libriño para aproveitar o tempo, e vai vendo a etiqueta Castelao que a comezaremos a ver a semana próxima.
    cóidate!

    ResponderEliminar
  2. Anónimo18.11.11

    Fixen o amago de recuperarme pero polo que se ve aínda non estou para moita troula. De momento teño algo que ler, axudame a non volverme claustrofobica. Grazas pola preocupacion e intentarei volver o antes posible.
    Moitos bicos e recordos para todos :D

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.