2011/11/12

O diario vermello de Carlota


A autora do libro é Gemma Lienas, escritora catalana nacida en 1951, é licenciada en filosofía e letras, antes de ser escritora exerceu de profesora e editora.
A protagonista desta historia é Carlota, unha adolescente inqueda por saber que é a sexsualidade.
Un día coñece nunha estación de tren a Flanagan, e xuntos deciden facer un diario no que poñan todo o que aprendan sobre o tema. Carlota pide axuda as súas amigas, aos seus profesores, á nai, á avoa, á sua tia Octavia... e grazas a iso pode encher o seu diario, ademáis de poñer as experiencias dos demáis tamén pon as súas, Flanagan fai o mesmo. 
Eles dous de tanto falar e estar xuntos acaban sentido unha atracción o un ao outro e pasan a ser algo máis que amigos.

É unha trama moi interesante para ás nenas e tamén para os nenos, que sei que algún que outro pensan que é unha tontería, pero non o é, sobre todo co que está a pasar hoxe en día, cada vez máis nenas de 16 a 20 anos quedan embarazadas por culpa de ter mala información sobre o sexo, asique xa sabedes antes de actuar, preguntar.
Con este libro aprenderás moitas cousas e o máis importante, non te aburrirás, é certo que é un libro cun gran grosor pero leese moi fácil, xurovolo. Eu vin a pelicula antes de ler o libro e sinceramente a min gustoume máis o libro, non é que a peli esté mal, senon que o libro ten moitísima máis información. 

Opinión persoal:
Como xa dixen pareceme un libro moi interesante, atractivo e facil de ler. Animovos a todos os que non o lestes ao que o fagades.



3 comentários:

  1. Anónimo17.11.11

    Sempre tiven ganas de ler este libro, pero nunca o atopo na biblioteca, sempre está solicitado, debe de ser tan bo como dis.
    Rosalía

    ResponderEliminar
  2. Anónimo18.11.11

    E tan bo como dí e máis. Un dos meus libros favoritos.
    att: Marta.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo22.11.11

    Si, a verdade é que a historia engánchate moito, eu volo recomendo.
    Mónica.

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.