A autora desde libro é Gemma Lienas, autora catalana nacida
en 1951.
Carlota é a protagonista desta historia, que xunto coa súa avoa,
o seu irmán, a súa tía, a súa nai e os seus amigos, trata de escribir un diario
violeta que lle regalara a súa avoa polo seu decimocuarto aniversario, no que
conta todas as experiencias machistas que está a vivir.
Carlota cría que o tema da desigualdade estaba superado, pero gracias a este diario deuse conta de que a situación era máis grave do que pensaba.
Carlota cría que o tema da desigualdade estaba superado, pero gracias a este diario deuse conta de que a situación era máis grave do que pensaba.
Unha das probas para decatarse se o que estaba a suceder era
machismo, era poñer as lentes violetas e aplicar a regra da inversión. Consiste
en cambiar a muller protagonista nun home. Se a mesma situación ou trato resulta
ridícula para el, tamén o será para ela.
Opinión persoal:
Recomendo ler este libro xa que, ao igual que Carlota, eu
pensaba que o tema do machismo non era tan grave como parecía. É un libro fácil
de ler porque ao mesmo tempo que che informa sobre o tema, méteste dentro do
personaxe e é máis entretido.
Gustoume moito e espero que me fagades caso e o leades e así
vos decatedes da cantidade de situacións machistas que estamos a experimentar.
Fareite caso, xúrocho!
ResponderEliminarMiriam
aínda escribimos *leer... ai, mimadriña!
ResponderEliminarsobre a estrutura falamos na aula, convén poñernos de acordo
Unha entrada moi interesante, despois de ler O diario vermello de Carlota supoño que seguire con estes libros porque parécenme moi interesantes, por certo no párrafo 3 pós ahi "deuse de conta" a min sóame raro, non sei se son eu a que estou equivocada ou non, eu poría "deuse conta".
ResponderEliminarUn bico, Mónica
Sigo a moción de Miriam :)
ResponderEliminaratt: Marta.