2011/11/26

VIAXE DA CÁRCERE O INFERNO

Unha das razóns pola cal escollín este libro foi porque escoitei falar moi ben do seu autor, Suso de Toro, nunca lera unha obra súa a pesar de ter moitas publicadas en galego.

 Clara e o seu irmán viven con seu pai (Fausto). Este home ao principio apenas falaba cos seus fillos, pero un día ten que explícarlles a historia da Imaxe. Cando el morre os rapaces teñen que fuxir a o mundo exterior que non coñecían. Todo isto sucede cando Clara cumpre os dezaoito anos, supoño que é verán xa que fai calor, sudan...  A primeira metade da obra desenrólase no rural, nunha gran leira que está cerrada por un muro moi alto no que dentro se encontra a casa dos protagonistas. Unha casa bonita e nomal se non fora polas voces metálicas que saen do faiado, mentres que a segunda parte transcurre nunha cidade moi sucia e inhumana, no que todo está controlado pola Imaxe.

Esta obra está dividida internamente en catro partes ( cada parte en capítulos), o remate consta dun epílogo que nos conta como segue a vida dalgún dos personaxes principais.

A narración comenza cun salto no tempo, o primeiro capítulo debería estar case ao final, prolepse. Os dous irmáns narran alternando case todo o libro, pouco a pouco vamos sabendo a historia da súa vida, describen a seu pai como un home triste, solitario e autoritario. Cando descubrimos a súa historia decatámonos que fora un presentador de gran éxito rico e famoso, para ser sempre así creou a Imaxe, que era a súa copia, co paso do tempo ésta convértese nun ser maligno que se apropia do mundo a través das pantallas, e sobre todo quere destruír a Clara e a seu irmán. Destes personaxes podemos destacar que Clara era coxa e moi traballadora, e o seu irmán era tatexo e non sabía o seu propio nome. Tamén son protagonistas moi importantes a nai (morta), Toco e o padriño dos nenos.                                               


A obra ten un título moi apropiado ao meu parecer, xa que a sombra correspóndese a Imaxe que persigue a vida dos protagonistas continuamente. Trata da avaricia de Fausto por querer ser máis poderoso e incluso se casa por comenecia; de amor como o que hai entre os dous irmáns, por outro lado o da súa nai... ; violencia e poder da Imaxe cara o mundo; boas e malas conductas por exemplo cando Clara sube ao autobús e niguén a saúda. A pesar de todo isto foi un libro que me gustou moito e me foi fácil de ler. O peor foi o final xa que me gustaría que ningún membro tivera que morrer e puideran acabar todos xuntos despois do mal que o pasaron.

7 comentários:

  1. creo que podes facelo moito mellor
    xa tes unha base para seguir traballando

    ResponderEliminar
  2. Anónimo15.11.11

    Non entendeo moi ben a que te refieres co de Imaxe.

    Isa :)

    ResponderEliminar
  3. Anónimo25.11.11

    Isa haber se agora entendes o que é a Imaxe.

    Sergio Pereira 4A

    ResponderEliminar
  4. MOI BO TRABALLO
    E, TAMÉN , MELLORABLE AÍNDA
    DÁLLE UN TOQUE FINAL
    PARA QUE SEXA EXCELENTE
    ALIXEIRA
    TES INDICACIÓNS NA ENTRADIÑA
    - POR CERTO "HABER DO TEU COMENTARIO" É " A VER"

    ResponderEliminar
  5. Anónimo26.11.11

    Fixen algún cambio, espero que entendera ben as indicacións. Espero que este mellor.

    Sergio Pereira

    ResponderEliminar
  6. BEN...
    QUEDA O TÍTULO
    A VER SE CONSEGUIMOS NON POÑER O DO LIBRO QUE LEMOS
    BUSCAR UN TÍTULO QUE RECOLLA A IDEA PRINCIPAL DO LIBRO E QUE SEXA SUXERENTE
    O CAL NOS PERMITE ENGADIR O TÍTULO DO LIBRO NO PRIMEIRO PARÁGRAFO E BUSCAR UN ENLACE INTERESANTE:
    ENTREVISTA CO AUTOR, ALGUNHA CRÍTICA, ALGUNHA NOTICIA RELACIONADA......

    ResponderEliminar
  7. E O MESMO PARA A ENTRADIÑA DAS ADIVIÑAS

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.