2011/12/02

PRANTO polos tigres

Os tigres son os felinos máis grandes da Terra e teñen un belísimo pelaxe laranxa con raias negras que a calquera lle gustaría ter, a calquera menos aos propios tigres que son víctimas de cazadores furtivos como os da foto, estes homes foron detidos en xaneiro do 2011 mentres intentaban vender unha pel de tigre na India. O tráfico ilícito de ósos,ollos, bigotes, penes,dentes, e outras partes do tigre para o seu uso "medicinal" pode xerar en Asia 3,5 millóns de euros ao ano. 

Ademáis da caza, os tigres vénse afectados pola reducción do seu hábitad, onde se ven na foto plantacións de palmas aceiteiras houbo noutra época un bosque donde os tigres cazaban xabarís e cervos, agora teñen que marchar en busca de presas ou atacar aos animais domésicos.
Os furtivos valense dunha cría
de can para atraer aos tigres
á trampa.
Na actualidade viven en estado salvaxe pouco máis de 3000 exemplares mentres que en cautividade viven aproximadamente 20000 tigres.
Moitos países estanse uníndo para salvar a esta especie en perigo de extinción, se visitala súa páxina recomendoche  que vexas o video, é moi interesante.
Pode que nos pensemos que todo isto é unha mágoa pero que non podemos facer nada e iso non é así, pademos axudar moito con tonterías como respectar aos animais e non contaminar tirando cousas ao chan, que para algo hai papeleiras. 






Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.