A Praia dos Afogados
Autor: Domingo Villar
Esta apaixonante historia policíaca trata sobre un "suposto suicidio" dun mariñeiro que aparece na beira do mar dunha praia das rias baixas. O protagonista é un policía que xa aparecera anteriormente noutra novela do mesmo Autor, xunta no relato a dura vida de policía xunto coa vida persoal.
Compre recordar as localizacións e ambientes deste libro que plasma a cultura galega cun suceso quizais un pouco raro nestas terras. Engancha ata o final consta dunhas 250 ou 270 páxinas que non podes parar de ler. O suspense e a ansia de non saber quen é o asasino ou se simplemente foi un suicidio ou un accidente é unha das mellores partes. Anímovos a que leades este libro coma fixen eu.

Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.