2011/12/07

Un Bosque Cheo de Faias

Este libro foi publicado por Francisco Castro (Vigo 1966) e ilustrado por Manuel Craneo en 2004. Este libro pertence a editorial Everest Galicia. Francisco Castro traballa como cronista cultural en varios medios galegos, co libro Un Bosque Cheo de Faias conseguiu o premio Frei Martín Sarmiento en 2004.

O libro Un Bosque Cheo de Faias trata sobre unha pandilla de amigos entre eles Nelson un rapaz inmigrante é agredirono xunto  co seu pai  por unha banda de neonazis que anda facer pintadas, e palizas pola cidade. Os rapaces o saber de que agrediron o seu amigo poñense a investigar en segredo quen poden ser os integrantes desa banda. Esta historia desenvolvese sobre todo no Grapas un bar que frencuentas os rapaces protagonistas desta historia.

Na miña opinión este libro estivo bastante ben agás o principio costoume entendelo un  pouco. O que mais me gustou de esta historia é que tiña partes bastante graciosas e era bastante entretida de ler.Nesta historia reflexase algo que perfectamente podería ser real, porque quen non viu na tele ou leu no xornal quealgún rapaz levava unha paliza por unha banda deste tipo.  

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.