A ANIMACIÓN GALEGA DESPUNTA NOS PREMIOS GOYA
A gala dos Goya celebrarase o vindeiro 19 de febreiro , onde Luís Tosar opta á súa cuarta estatuíña con Mentres Durmes , producida por Fílmax . Os premios máis destacados do audiovisual estatal teñen unha cita anterior , a do 28 de xaneiro , onde se entregará o Goya de Honor á cineasta Josefa Molina , no marco da habitual recepción que tera lugar na Real Casa de Correos , sede da Comunidade de Madrid .

A diversidade marca a presenza galega nos finalistas aos Goya deste ano . Buried filme dirixido ourensán Rodrigo Cortés é un dos catro filmes que optan a un Goya á mellor película deste ano nos premios que concede a Academia do Cine española . Cortés está nominado ademais á mellor dirección , mellor montaxe e mellor canción orixinal . Luís Tosar compite na categoría de actor protagonista polo seu traballo en También la lluvia . Pola súa banda , A tropa de trapo competirá na categoría de mellor filme de animación , mentres Vicenta pode levar o premio a mellor curtametraxe de animación . Ademais , a produción Chico e Rica , realizada polo Estudio Mariscal , conta co traballo do debuxante galego Alberto Guitián .
O tema gústame pero penso que deberías reducilo un pouco e colocar algún enlace.
ResponderEliminarSergio P