2012/01/16

As mil e unha frases de Manuel Fraga


Manuel Fraga
O presidente fundador do PP, Manuel Fraga Iribarne, falecido este domingo aos 89 anos de idade, pasará á historia por ser un dos personaxes clave durante a ditadura, a transición e a democracia é un dos pais da Constitución de 1978, así como unha das figuras máis relevantes da política galega.
Estas son algunhas das súas opinións, frases polémicas ou declaracións que pronunciou ao longo dos seus máis de 60 anos de carreira política:


-Sobre Francisco Franco, o día da súa morte: "Un gran home,o maior e máis representativo dos españois do século XX,un dos maiores gobernantes que tivemos na nosa historia".
Co paso do tempo dixo: "permaneceu demasiado tempo no poder".
-Sobre a Monarquía: "Romper cunha tradición que permitiu a España resolver un famoso 23 de febreiro e tantas outras cousas nestes anos de transicións difíciles, é desvariar".
-Sobre o Rei e o 23-F: "Só o Rei podía resolver esa situación",  e de don Juan Carlos: "Moitas grazas polo que fixo por España".
-Sobre España: "Dediquei a miña vida enteira a España".
-Sobre o ex-presidente do Goberno Adolfo Suárez:''Creo que o Rei "acertou" ao apostar por Suárez.''
-Sobre a legalización do Partido Comunista: "A legalización do Partido Comunista é un verdadeiro golpe de estado".
-Aos golpistas do 23-F: "Eu xa non aguanto máis.... Disparen contra min".
-Sobre os nacionalismos: "Pódese ser galeguista sen ser nacionalista, que é unha traizón a España e á Constitución".
-Sobre os matrimonios gays: "Iso non é un matrimonio, poderá ser unha unión de feito. Ao min paréceme que as persoas que nacen así teñen dereito a un recoñecemento, pero matrimonio por definición é que poida haber unha nai". "Iso non é un matrimonio, é outra cousa, respectable, pero outra cousa".
-"A rúa é miña", cando era ministro da Gobernación nun momento en que se estaban producindo manifestacións na rúa.
-"Toda a miña vida dixen verdades sen condón e penso morrer sen poñer un", dixo Fraga tras coñecer a postura do Vaticano contraria o uso do preservativo.
-"Traballar é vivir", fixo súa a frase de Voltaire, tras sufrir un desmaio no parlamento galego


Fraga con Carrillo no aniversario do 23-F
Sen dubida sabia facer ben o seu traballo,que descanse en paz,que ben o merece.

1 comentário:

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.