2012/01/17

As mulleres no primeiro terzo do século XX

No primeiro terzo do século XX e, principalmente, na Primeira Guerra Mundial, produciuse unha gran evolución para as mulleres na sociedade. Despois das catástrofes que trouxo esa época as femias foron igualadas políticamente aos homes, nunha das partes onde se recoñeceron eses dereitos foi na Galicia de 1918, no que algúns galeguistas ( Porteiro Garea, Vilar Ponte...) fixeron publicacións dende "A Nosa Terra" transmitíndo a defensa da instrucción e do traballo da muller, o que suporá a independencia destas.


Agora xa non había tantas polémicas no posicionamento a favor ou en contra da educación para elas como antes, xa que as porcentaxes femininas nos centros educativos ían en aumento, agás na Universidade de Santiago onde o proceso ralentizouse. Foi no curso 1913-14 cando por primeira vez matriculáronse mulleres, dúas delas irmás, Elisa e Jimena Fernández de la Vega Lombás, finalizando os seus estudos cun brillante expediente.
A partir daquela, os debates que se plantexában eran outros, como pode ser o traballo remunerado, a adaptación das mulleres en certas profesións ou en ocupar certos postos de traballo no que, por dicilo dalgunha maneira, estában máis afeitos aos homes.


Isto é unha pequena introdución que espero que vos sirva para que os desedes conta de como evolucionou a muller na sociedade, se queredes máis información premede aquí.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.