2012/02/01

Charles Chaplin

Naceu en Londres no ano 1889, foi un grande actor cómico, compositor, escritor e director cinematográfico. Traballou no mundo do espectáculo toda a súa vida, empezando no teatro aos 5 anos; de alí saltou ao cine.

As súas películas estaban influenciadas pola guerra fría na vida americana durante os anos 50, nelas quixo plasmar a importancia da infancia no desenrolo da personalidade e sobre todo espertar sentimentos e facer pensar á xente para que se dera conta de que era posible un mundo mellor. Todas estas películas en contra das dictaduras, as guerras e o nacionalismo e moitas outras nas que protestaba contra o que cría inxusto e loitaba pola paz trouxeron o descontento das autoridades americanas que fixeron que tivera que exiliarse para poder seguir facendo películas.

Con todo, conseguíu ser recordado polas súas obras e por esa capacidade súa para facernos ver que rir é o mellor que nos pode pasar, porque de nada serve chorar.


1 comentário:

  1. orixinal e adecuada entradiña. Revisa... seguro que atopas algunha maneira de mellorala:
    desenvolvemento por desenrolo, por exemplo.

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.