Luís Seoane Lopéz foi un debuxante, pintor, grabador e
escritor arxentino emigrado en Galicia.
Nado en Bos Aires en 1910 e fillo de pais emigrantes, chegou de
neno a Galicia, lugar no que estudou bacharelato na Coruña e Dereito en Santiago de Compostela, onde
participou na vida política e cultural estudantil e foi membro do Partido Galeguista.
No ano 1936 participou na campaña do Estatuto da Autonomía, e
debido a sublevación do 18 de xullo, mantívose agochado durante uns meses
ata que, en 1937, puido exiliarse a Bos
Aires vía Lisboa, onde traballou no consulado republicano e fixou a súa residencia.
Ese mesmo ano publicou o seu primeiro libro: “Trece estampas
de la traición” , e anos despois, fundou a revista Correo Literario e a Editorial
Nova.
Os seus traballos pictóricos reflictían o amor que sentía hacia
Galicia e tendían a ser de carácter expresionista e cercanos a abtracción. Na
obra escrita publicou numerosos estudos e ensaios de arte, obras de teatro,
crónicas radiofónicas, etc…
Foi o promotor de moitas empresas culturais: a revista
Galicia Emigrante, a imprenta Resol xunto a Arturo Cuadrado,
editoriais como o Laboratorio de Formas de Galicia xunto a Isaac Díaz Pardo, etc…
En 1960 regresou a España. Nos seus últimos
anos alternaba a residencia en América con viaxes a Galicia ata que, en
1979, morreu na Coruña.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.