Na miña opinión a muller galega, sempre desempeñou un papel moi importante dentro da sociedade, antes, durante e despois da guerra. Polo que sei a muller traballaba nas terras, na casa e a maior parte das veces o seu traballo non era recoñecido.
Coa chegada da guerra tamén chegou o medo e a fame, o final impuxéronse as cartillas de racionamiento. A represión aumentaba e moita poboación non estaba de acordo, creáronse as guerrillas, entre os seus membros había mulleres anónimas que participan en labores de información, levar comida aos que estaban refuxiados nos montes... Estas mulleres recibiron castigos como rapalas como se ve na foto. Outras chegaron a ser coñecidas como Enriqueta Otero.
Durante a posguerra a dedicouse ao fogar, o matrimonio e a procrear. Había cursillos para formar boas donas da casa . Dende aquela a muller tivo que loitar moito para poder acceder ao traballo e ao ensino, pelear polos seus dereitos para poder cambiar as costumes ante o matrimonio e a familia.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.