
Todo comeza cando Xacobe, o protagonista, recibe un pergamiño dun home que morrerá no mesmo intre de entregarllo, este contén unha lenda no que se ven involucrados el e os seus irmáns. Xacobe na procura de encontrar solucións vai coñecendo a unha infinidade de persoas que lle axudarán a resolver ese gran misterio, aínda que tamén irán sucedendo cantidade de situacións peligrosas.
Non vos vou contar nada máis xa que perdería toda a intriga que este ten. É un libro de gran grosor pero de lectura fácil, pode que ao principio vos resulte un pouco raro pero pouco a pouco vos enrolará nun mundo imaxinario no que até a última páxina vos terá coa cabeciña en pensamento.
OPINIÓN: Non é o libro que mellor lin pero é un libro que non carece de interés dado que é unha historia que a todo o mundo engancha. Recomendar volo recomendo, por suposto, pero xa sabedes: "para gustos, cores".
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.