As Voces Ceibes foi un colectivo musical galego que tivo a súa existencia entre 1968 e 1974 nos anos final da ditadura franquista.

Nos seus comezos tivo un concerto o 9 de maio 1967 que afreceu Raimón no estadio universitario de santiago. Pero a primeira aparición pública do colectivo galego tivo lugar case un ano despois. Neste primeiro concerto participaron Benedicto coas cancións Eu son a voz do pobo,Un home, Loitemos e Carta a Fuco Buxán; Xavier con Monólogo do vello traballador, María Soliña, Romance incompleto e Longa noite de Pedra; Guillermo Rojo con Quen tivera vinte anos, Tirade ao chan os fusiles, A vós irmáns, Señor, eu fun poeta; Xerardo Moscoso con Deuda cumprida e Réquiem e Vicente Araguas con Comunión, A cea e Eles non sabían cantar. Como se pode comprobar, os poemas de Celso Emilio Ferreiro formaban a parte fundamental do repertorio, a canda composicións propias.En xuño de 1968 publicase o primeiro disco de cada un dos catro compoñentes. En outono de 1968 realizouse a gravación.
En 1972 participaron na gravación do disco colectivo Cerca de mañana con Luis Llach, Elisa Serna, Julia León, Pablo Guerrero, Xavier Rabalta, Imanol Larzabal, Adolfo Cedran e Juanele, que saíu ó mercado en 1973 fóra de España.
As pelexas internas que xa levaban tempo furando no colectivo fixeron que o grupo desaparecera en decembro de 1974.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.