Celso Emilio Ferreiro
Foi un máximo expoñente da poesía realista social e lingua galega. Naceu o 6 de xaneiro de 1912.A súa familia dedicábase ao comercio e á agricultura.Era o máis novo de sete fillos, do matrimonio composto por Venancio Ferreiro e Obdulia Míguez.Foi mobilizado para a Guerra Civil Española, polas tropas Franquistas e chamado á guerra no 1936. Detivérono por facer comentarios en público, en 1937.En 1966 emigrou a Venezuela, proceso que el mesmo explicou así: - Ofrecéronme dende Caracas a Secretaría de Cultura da Sociedade Galega e marchei, aínda que de primeira non ía decidido a quedar, como logo ocorreu. Pódese dicir que foi un autoexilio.Unha das súas obras poéticas, máis importantes, sen dúbida, foi: Longa noite de pedra.
Conta os anos que transcorreron durante a posguerra e a ditadura franquista.Nos seus últimos anos, colaborou na prensa, visitando Galiza no verán.
Un derrame cerebral acabou coa súa vida, mentres pasaba as súas vacacións en Vigo. Foi enterrado en Celanova.
Dedicáronlle o día das Letras Galegas en 1989.
LONGA NOITE DE PEDRA
O teito é de pedra.
De pedra son os
muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as
cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os
corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de
pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de
pedra.
un primeiro paso ... necesario para avanzar.
ResponderEliminarsobre este texto imos traballar.
O primeiro: le entradiñas dos teus compañeiros e descubre que trucos usan para relacionar as ideas e como as poñen en orde - nos parágrafos- .
con paciencia, vai lendo e reflexiona sobre a expresión .
e despois vai refacendo este texto:
ResponderEliminaragrupa as ideas que deben ir xuntas
organízaas en parágrafos
introduce- entre comas- algunha información máis que aclare
le en alto para ver como vai soando
buscar: texto áxil, dinámico, fácil de ler, ....
quen le son os teus compañeir@s... e máis eu.
veña! ánimo!