
O neno foi obrigado a ir, e comenzou a observar cada detalle das novas cousas que aprendía cada día, e sempre que chegaba á súa casa, contáballo á súa nai e ao seu irmán.
Moncho tiña unha persoa que significaba moito na súa vida, un segundo pai, o seu profesor Don Gregorio. Foi o señor que lle ensinou todo o que aprendeu, como por exemplo: que as patacas chegaban de América ou cousas máis importantes como a valoración da liberdade.
O máis importante da película, é o momento no que Gregorio, ensínalles aos seus alumnos como é a lingua das bolboretas. Moncho queda abraiado con ese novo descubrimento, e dende ese momento, a maioría das tardes caza bolboretas co seu exemplo a seguir, o seu profesor.
Unha noite, o neno e o seu irmán comezaron a escoitar pasos na rúa. Resultaba que había un enfrontamento entre os soldados Republicanos e os soldados Franquistas.
Uns días despois, algúns veciños do pobo, foron capturados polos soldados Franquistas, coa excusa de que eran Republicanos. Un deles era Don Gregorio, e Moncho, para protexer a súa familia, optou por traizoar ao seu profesor, lanzándolle pedras e insultándolle.
Esta película, paréceme moi interesante, posto que conta a historia da Guerra Civil do noso país e os problemas que ocasionou entre as familias por estar nun bando ou noutro. En canto á forma na que reaccionou o protagonista, eu creo que faría o mesmo aínda que fora unha persoa que me axudou moito, e todo por protexer á miña familia.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.