2012/02/23

Mitoloxía Galega: A Santa Compaña

Existe en Galicia a crenza moi xeneralizada de que a morte non é senón o simple tránsito do mundo dos vivos ao mundo dos mortos.


Seguro que xa escoitaste falar desta procesión tan famosa do folclore galego. Se xa o fixeches, saberás que non é unha calquera e moito menos normal.
Nela, participan indixentes pouco comúns, que non chegamos a ver todos os días.
Son nada máis e nada menos que mortos ou ánimas en pena que percorren os camiños dunha parroquia. Aínda que varía segundo a tradición, a máis contada é a das ánimas con túnicas brancas, que vagan durante a noite.
Esta procesión, vai encabezada por un mortal que pode tratarse dun home ou muller. O portador da cruz, non pode volve-la cabeza en ningún momento, ou renunciar aos seus cargos. Só será substituído, cando atope a outra persoa polo camiño e lle entregue a cruz e mailo caldeiro. A presenza da Santa Compaña, faise notoria no cheiro de cera queimada e no vento que se ergue ao seu paso.
Elisardo Becoña Igrexas, conta na súa obra A Santa Compaña, que só algúns ''dotados'' posúen a facultade de vela: os nenos que, por error, o sacerdote bautiza usando óleo dos defuntos.
Din que, para librarse da Santa Compaña: hai que facer un círculo no chan e entrar nel, ou tamén, deitarse boca abaixo.
O que é evidente, é que a Santa Compaña mete medo, xa que é considerada como sinal de morte.
Pode ser porque a Compaña visita todas aquelas casas nas que, moi cedo, morrerá alguén ou tamén, porque necesita un vivo que leve a cruz e ande ás portas pedindo compañía.
Según o que conta o mito, a Santa Compaña sae sempre á mesma hora da noite, aínda que nalgúns lugares din que ten saídas diúrnas.
A Santa Compaña presenta moitos nomes, dependendo do lugar na que se conte, por exemplo: Antaruxada, Enxamio(é a que máis conecta coa lenda xermánica), Pantalla(fusión de pantasma e máis espantallo) e moitas máis.
En Galicia, o tema da Santa Compaña, recóllese en forma de espectáculo.

Todas estas tradicións, que aínda se poden recoller pobo a pobo por todos os camiños de Galicia, son un verdadeiro patrimonio da nosa cultura espiritual. Porque a alma dun pobo descansa sobre as súas máis sagradas tradicións, ao igual que o vento do norte pasa acariciando as follas dos piñeiros, xurdindo diso himnos de inintelixible maxia e verdade.
Din algúns anciáns que con eles desaparecerá a Compaña, pois hoxe xa case ninguén cre nestas cousas. Aínda que a min sempre me quedará a dúbida de se esa falta de fe non é a terrible cegueira espiritual que o mundo moderno provocou en nós.

Oxalá non desaparezan estes grandiosos mitos, e que o vento non leve tantos anos de conto que aumentan a grandeza galega que temos todos.

1 comentário:

  1. Adapta o rexistro: divulgativo, pensa nos lectores da revista XIADA

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.