2012/02/22

A modelo descalza

Ás veces o mundo da moda pódese convertir nun verdadeiro tormento, e senón que llo digan á protagonista desta historia, Alexandra, máis coñecida como Alexia, era unha top model moi admirada, exemplo a seguir por centos de rapazas que querían ser coma ela.
A Alexandra gústaballe o seu traballo, gústaballe transformarse en Alexia, a top model; cando non estaba en Barcelona, estaba viaxando polo mundo, desfilando aquí e alá, pero a súa vida converteuse nun pesadelo cando a acusaron do asasinato de Christian Van Peebles, tamén modelo.
Dende había un tempo, todos os enredos amorosos de Alexia acababan en traxedia, dende o afogo nunha piscina de Culver Harris despois dunha sobredose, e pasando polo atropelo de Demian Lapeira ata chegar á morte deste rapaz.
Todas as acusacións caían sobre Alexandra, máis ela afirmaba ser inocente; así comezou unha fonda investigación das mans dun periódista, antigo mozo dela, que cría na rapaza, él, Jonnatan Boix, coñecíaa e sabía que ela non era capaz de cometer semellante troula.
Logo de moitas cavilacións e voltas á cabeza, Jonnatan caeu na conta de que había un home, Mariano Gálvez, ao que esqueceran por completo; este señor tiña unha orde de alonxamento de Alexia; Jon, rapidamente, sospeitou del e foi á súa casa; alí atopou dous cuartos cheos de fotos da modelo, e descubriu que fora él quen, tratando de "protexer" a Alexandra, matara aos rapaces cos que ela estaba.

Jordi Sierra i Fabra plasma neste libro a dura realidade da vida dalgúns famosos, que tratando de facer o seu traballo, o que a eles lles gusta, caen nunha fonda presión social que os obriga a comportarse sen ser eles mesmos.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.