2012/02/15

Poema Erótico

Ansiámos amor mentres vivimos,
o amor non perdura eternamente.
Entre as túas medias patinan os meus dedos.
Corpos derrubados na cama,
destruindo o silencio.Facer o que fai tempo ansiabamos.
Teño unha bala proxectada no corpo.
Aprace amar e ser amado.
Amar non é delito,
delito é non poder estar co teu amado.
Lume arde no noso interior,
ardente como a vida.
Madrugadas eternas,
cheas de paixón.
Sen ningunha fala,
Chega o silencio...

1 comentário:

  1. pégalle un repaso para limar un pouquiño máis
    e por que non engadir unha foto apropiada?

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.