Foi un escritor e poeta galego que viviu a meirande parte da súa vida no exilio. Militou no Partido Comunista de España e durante a Guerra Civil española tivo un papel relevante nas Milicias da Cultura. Produciu a súa obra en galego e en Casteláe foille dedicado do Día das Letras Galegas en 2005.

En 1931, o mozo Varela volve a Galicia e se instala en Lugo. Alí, Lorenzo estuda bacharelato e funda o Ateneo Popular. Nestes anos coñece a Ánxel Fole. No 32 intégrase nas filas do nacionalismo e, xunto a nomes como Ramón Piñeiro, Fernández del Riego, Celso Emilio Ferreiro e Carvalho Calero, participa na creación das Mocedades Galeguistas, ocupando un cargo directivo. O grupo radicalizará os seus posicionamientos até declararse “arredista”. Con todo, Lorenzo Varela será expulsado por se afiliar a unha agrupación trotskista.
En 1934 marcha a Madrid para abeirarse da represión e estudar Filosofía e Letras. Alí móvese nos círculos trotskistas e contacta co grupo PAN (Poetas Andantes e Navegantes). Participa nas tertulias de Gómez de la Serna e nas de La Granja del Henar; mantén relación con Pablo Neruda, Maruja Mallo e Rafael Dieste, entre outros; e coñece a artistas novos como Granell, Laxeiro, Maside e Colmeiro. Exerce como crítico literario no xornal El Sol, e participa nas Misións Pedagóxicas. Tamén escribe o libro de poemas Diario dun fauno, que nunca chegará ao prelo porque Varela o xulga carente de calidade e remata por destruílo.
No inicio da guerra únese ás milicias republicanas, abandona o trotskismo e ingresa no Partido Comunista. Participa activamente na Asociación de Escritores Antifascistas e publica artigos e poemas en revistas como Hora de España, El Mono Azul, Ahora ou Milicia Popular. Varela decide embarcar rumbo a México xunto a Sánchez Barbudo. Alí agárdaos Octavio Paz, que os convida a participar na súa revista Taller. Grazas a isto, Varela recupera a súa actividade xornalística. Con Sánchez Barbudo crea a revista Romance, que gañará boa sona en Latinoamérica, pero conflitos internos na organización da revista motivarán a súa saída da mesma e a entrada dun novo equipo directivo que publicará agravios contra Varela. En resposta, este publica o libro de escarnio Elegías españolas (1940), o que desata unha guerra literaria.
En 1941 volve a Bos Aires. Donde recuperará a actividade política e exercerá como crítico de arte e tradutor do portugués. Colabora coa revista Sur e publica a obra poética Torres de amor (1942). Nese mesmo ano funda a revista De Mar a Mar e un ano máis tarde entrará a dirixir Correo Literario con Seoane e Arturo Cuadrado.
Estrea a súa produción en galego en 1944 con Catro poemas para catro gravados. Trátase de catro poemas épicos que anticipan a poesía civil que despois agromará en Galicia con Celso Emilio Ferreiro. Poesía rebelde, de resistencia, recreadora de mitos combativos como María Pita, Roi Xordo ou María Balteira. Á par da creación lírica, continuará co seu labor xornalístico e escribe varios ensaios sobre arte e contos que nunca chegarán á imprenta. Xa en 1954 publica Lonxe, poesía sobre a guerra e o exilio.

O golpe de estado de Videla en 1976 forza a Varela a un segundo exilio e remata en Madrid. Aínda en 1976, o poeta regresa a Galicia e intégrase en diversos proxectos culturais. Porén, non atopa o recoñecemento merecido ao seu labor cultural no exilio e trasládase de novo a Madrid, onde falece en 1978.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.