2012/02/23

Verónica Boquete ou ... non era así?




Está é unha rapaza galega de 24 anos de idade, dos cales, a gran maioría deles leva esquivando comentarios machistas. Recoñecida "oficialmente" como a mellor xogadora de España despois de tantos anos perseguindo o soño. Chegou a ser popular no estranxeiro en países como Rusia ou Estados Unidos e conseguíu montóns de títulos a nivel nacional aínda que ten morriña e desexa a volver a xogar algún día nas nosas terras.

Tras unha breve entrevista que lle fixeron esto foi o que contestou (non cas mesmas palabras textuales) :
-Co partido en Santiago completa un soño da infancia?
Desexo xogar en Galicia xa que nunca o puiden facer e cando comezei a perseguir o meu soño, marchei o estranxeiro directamente.
-Pensou algunha vez en chegar a este nivel?
A verdade que nunca pensei que o fútbol feminino tivexe tanto prestixio noutros paises pero pouco a pouco cando fun crecendo dinme conta e é verdaderamente certo que non pensaba onde ía chegar.
-Ten unha nena de hoxe en día esas referencias que vostede non tiña?

Cada vez temos máis referencias. España é un dos paises máis atrasados respecto o deporte feminino de outros países, especialmente en fútbol. O meu caso é especial porque ao ser coñecida chamo a atención de moita xente e intentan facer o que eu puiden.

<Que se decante de que con ser muller non se lle cerran as portas e que se traballan teñen moitas opcións de chegar alto. >

-Pero non parece que poidan chegar tan alto como os homes, polo menos a nivel económico...

Eu teño a sorte de ser profesional e vivir disto, pero o mesmo tempo penso no meu futuro porque sei que isto algún día acabará e eu non teño a vida solucionada como moitos futbolistas, terei que seguir traballando coma unha persoa normal.

-En que categoría masculina xogaría o campión da Superliga feminina?

Non podemos compararnos con eles porque hai moita diferencia física, ata os 14 podes ser igual ou mellor ca eles, eu o fixen ata os 15, pero mais tarde complícase. Podes ser mellor en moitos aspectos pero non fisicamente. Nin a mellor xogadora do mundo o conseguiría. A forza e a técnica son cousas paralelas.

-Se un repara nos comentarios en Internet ás noticias sobre o fútbol feminino, sempre aparecen frases machistas e insultantes. Queda moito por facer aínda?

Por sorte cada vez vaise mellorando pero sempre hai opinións que non cambian. Moitas xa estamos afeitas a ese tipo de comentarios absurdos, eu tiven que escouitar cousas de todo tipo dende pequena pero o final acostúmaste. A quen lle interese a noticia vaina ler e a nós o que nos interesa é "facernos famosas". Supoño que co tempo cambiarán de idea ou se cansarán de escribir parvadas.

-Moitos afeccionados ao deporte descubrírona a vostede e a moitas das súas compañeiras cos partidos da selección galega. Foron tan importantes para o fútbol feminino como parecen?

Aqueles partidos serviron para achegar mais á xente, a sociedade non sabe que hai unha liga a que nós xogamos. Servíannos para promocionarnos e a partir diso aumentaron o número tanto de xogadoras como equipos femininos, xeralmente as nenas fan menos deporte cos nenos pero bueno, todas as facilidades que se nos presenten, benvidas sexan.

-Semella que a vostedes facíanlles máis falta aqueles partidos que aos homes... Si, claro que si. O final acabouse mesturando o deporte e a política e o acabamos pagando, aínda que a nós iso non nos importaba, o importante era xogar ca seleción galega e promocionar o noso deporte para que nos coñecesen.

-O Deportivo tivo nos 80 un equipo feminino pioneiro e moi laureado; o Celta mantén varias seccións deportivas. Por que ningún dos grandes galegos aposta polo fútbol feminino? Porque imos atrasados con respecto doutros estados, pero sobretodo en Galicia. Barcelona, Athletic de Bilbao, etc. apostan por equipos femininos porque aínda que non dean ingresos dan unha boa imaxe o club para poder promocionar o deporte e demais. Se o Deportivo ou Celta apostasen polo fútbol feminino sería un gran paso que é o que lles esta pasando a outros equipos.

E cre que habería afección a eses equipos femininos? Por suposto, porque o mesmo tempo estes equipos fomentan a afección ao teu club. No Espanyol a xente segue o seu equipo e lles da igual que categoria este xogando, e a verdade que creo que aquí en Galicia tería bo resultado.

Porque vostede declárase afeccionada do Espanyol... Son do Compostela é o meu equipo, pero teño sentimentos por todos os anos que estiven alí. Ser do Espanyol e estar en Barcelona ten moito mérito, xa que é un equipo sufridor e non se adoitan celebrar títulos: é un sentimento... familiar e tratáronme moi ben.

Quédalle esperanza de acabar a súa carreira nun equipo galego de alto nivel? Si. Estar fora e moi interesante e se aprende moito, pero mellor que na casa... nada. Por desgraza tiven que emigrar para competir a mellor nivel pero gustaríame estar aquí e competir o mesmo nivel. Oxalá o futuro me traia de volta.

1 comentário:

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.