
En 1945 trasládase á Universidade de Madrid para rematar de estudar. Fixo unha brillante carreira e coñeceu, durante esos anos, importantes matemáticos: Ernst Witt e Julio Rey Pastor.
Máis tarde, en 1953, resultou ser a primeira matématica española capaz de conseguir unha beca Fullbright, beca que so adquirían os estudantes de EE.UU. motivo polo que marchou á Universidade de Yale, onde recibiría a tese do doutoramento.
Finalmente, nos anos 60, comeza a traballar coma docente en diversas universidades ( Queen University, Buffalo, Bloomington...) sendo a única muller profesora de matemáticas.
Nos últimos anos, Maria ocupouse do estudo dos grupos finitos, publicou moitos artigos en revistas importantes, dirixiu varias teses de doutoramento e considerouse a nai da teoría Kac-Moody (teoría que fixo xunto Robert Moody e que foi unha das máis importantes da Alxebra dos 70).
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.