2012/03/15
Ollos de Auga
Este libro é a primeira parte da " minisaga " que ven da man do autor Domingo Villar. É unha novela policiaca na que o protagonista, o inspector Leo Caldas e o seu axudante Estévez, ocúpanse do aparatoso asasinato dun musico homosexual chamado Lois Reigosa, o cal os levará a recorrer parte do seu pasado, mergullarse nos pubs e ambientes nos que o morto andaba metido, xunto a xiros bruscos que ocorrerán na súa investigación.
Na miña opinión tratase dun gran libro cunha sólida base narrativa, que inflúe moito no tema do entretemento a hora de ler, xa que non é para nada un libro aburrido e por suposto que o recomendo.
Xa se me esquecia que o seu segundo libro, que ven a ser o seguinte caso do noso gran protagonista, chamase A Praia dos Afogados, e quizais é aínda mellor ca primeira parte.
Gustaríame moito que o leades xa que vale a pena e non ides a arrepentirvos.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Vouche facer caso e vou lelo. Espero non arrepentirme jaja.
ResponderEliminarSergio P