Ferdinand coa sua creación |
Hoxe lendo o xornal lin unha noticia que a máis dun amante dos superdeportivos non lle gustou nada; morreu o creador do Porsche 911. Por iso hoxe é un día triste, pero máis para os amantes deste coche.
Ferdinand Alexander Porsche morreu aos 76 anos de idade en Salzburgo (Alemaña). Máis coñecido como Ferry Butzi Porsche, conseguiu converter a oficina de enxeñaría do seu avó e do seu pai na marca de coches deportivos que hoxe todo o mundo coñece.
O Porsche 911 que por méritos propios conseguiu converterse nun dos mellores coches deportivos da historia, por non dicir o mellor, saíu da súa cabeza e do seu papel, houbo quen dixo que poñer o motor detrás do eixe traseiro era unha loucura pero grazas a iso o Porsche 911 conseguiu ser un superventas. Ademais do 911 tamén deseñou o orixinal Porsche 901 de 1962 e o actual 991.
Pasaron xa sete xeracións deste deportivo co que moitos rapaces e vellos continúan soñando. D.E.P
Tanto para circuito como para o día día o 911 é perfecto |
Bonito coche y moi boa marca sen dubida, unha entrada corta e clara. Bo traballo
ResponderEliminarDarío M.
Moi boa a entrada, é unha verdadera lástima que morrera este xenio.
ResponderEliminarIván
A verdade e que si, espero que o 911 non perda o seu encanto.
EliminarGrazas.
Paco