2012/05/13

Baixo mínimos

O autor deste libro é Diego Ameixeiras, nunca antes escoitara falar del xa que aínda é moi novo. A pesar diso, xa posúe varias obras como: O cidadán do mes, Dime algo sucio... entre outras moitas.


Horacio é un investigador. Un día o seu xefe mandao pescudar sobre a morte dun avogado. Cando o protagonista comeza co seu traballo, dáse conta de que non vai ser un caso fácil e  levará moitas sorpresas inesperadas. Para poder resolver o enigma terá que tratar con terroristas, levar malleiras durísimas... e todo por un simple caso que ao principio parecía un asesinato sen máis.



Estou completamente seguro que Baixo mínimos foi o mellor libro que lin este ano, nel puiden ver cousas que acontecen no noso día a día e que non as queremos ver aínda que sabemos que están a acontecer, como que as persoas que teñen moito diñeiro (políticos e dirixentes do Estado) poden facer o que lles conveña sen ter que rendirlle contas a ninguén, xa que eles gobernan e mandan según lles dea a gana.

1 comentário:

  1. busca enlaces... amplia e pode servir para a exposición oral

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.