GAME OVER
Esta é unha novela escrita polo autor galego Santiago Lopo, que vos recomendo especialmente para os que non son tan amantes dos libros, coma min, xa se que se le con moita facilidade e é unha historia moi interesante, na que o protagonista é un profesor de universidade que comeza a disfrutar do regalo dos seus fillos, un xogo chamado Pararell City, unha cibercidade coas súas propias regras converténdose nun xogador adicto e volvéndose ... digamos que unha aventura moi real.
A verdade é que a historia dá moitas voltas sendo o suspense o único que sobe niveis sen parar, aparecen matóns de Europa do leste, impresionantes fortunas, cartas misteriosas, ameazas de asasinato, unha sogra pesada, isto e moitísimas cousas máis.
Facédeme caso, se queredes pasar un bo rato nas paradas do bus ou cando esperas pola quenda no medico, éche unha excelente elección.
faltan enlaces-hipertexto - para ampliar información
ResponderEliminare ampliar e redondear a entradiña_ nivel: 3º trimestre-
ResponderEliminar