Marcha un CAMPIÓN
Como xa saberedes todos e en especial os afecionados o motociclismo, o pasado xoves o bicampeón mundial de Moto GP, actual lider do mundial e para min un dos mellores pilotos da historia, Casey Stoner anunciaba que o remate desta tempada deixará o motociclismo.
Será unha gran perda para o motociclismo e sobre todo para o espectáculo. Os seus motivos para deixalo son: Que non sente a mesma paixón que sentia antes e que o mundial xa non é o que era, ademais de que quere pasar tempo coa súa filla que naceu hai pouco. Vouvos contar un pouquiño da súa vida.
Casey Stoner naceu en Australia o 16 de Outubro de 1985. Dende moi pequeno demostrou un gran amor polas motos e con tres anos xa estaba os mandos dunha Pee Wee de 50 cc. Con tan só seis anos xa era campión de Australia e os catorce xa acumulaba máis de cen títulos.
Como en Australia non se pode competir ata os dezaseis anos, os seus pais decidiron viaxar a Inglaterra. Non 200 gañou o campionato de 125cc de Apprilia. Participou nalgunhas carreiras no noso país e foi aquí onde Alberto Puig (actual manager de Pedrosa) fixouse nel e ofreceulle correr nos campionatos de España co equipo Telefónica Movistar.
Finalmente no 2006 deu o salto definitivo e comenzou as suas andaduras en Moto GP. Neste ano compartiu equipo cun grande como é Loris Capirossi. Os lomos da Ducati Desmosedici conseguiu nada máis e nada menos que dez grandes premios, sumou catro podios máis e logrou a pole cinco veces ademais don ansiado Campeonato do Mundo, co que se converteu no segundo piloto australiano máis novo en gañar un mundial.
No 2008 ainda que fixo unha gran tempada non puido facer nada para evitar que para mi o mellor piloto da historia: Valentino Rossi quedara campión e relevou a Stoner o subcampionato.
Tras unhas tempadas algo malas debido a problemas fisicos e problemas coa Ducati ficha, no 2011 por Honda. Neste ano realizará unha tempada histórica, na que gañará o seu segundo título mundial ademais de nove victorias, once poles e quince podios. Os seus mellores momentos no 2011.Como di o dito: unha retirada a tempo é unha victoria pero creo que se non se retira lograra moitas máis victorias pero se é o mellor para el adiante.
vai pensando na presentación oral .... escolle algún tema e mira as entradiñas que informan
ResponderEliminarmellórate
ResponderEliminarbotámoste de menos